Este ano o tema da celebración deste día é a Economía Verde.
Ao falar de Economía Verde podemos entender que o tema non nos afecta, que esto somentes vai coas grandes empresas que terán que aplicar melloras para acadar compromisos de reduccións de emisións ou un aproveitamento máis sostible dos recursos.
O programa das Nacións Unidas para o medio Ambiente define a Economía Verde como a que ten como resultado mellorar o benestar humano, a equidade social, reducindo significativamente os riscos ambientais e o dano ecolóxico. En termos prácticos, como aquela na que o seu crecemento é impulsado polos investimentos públicos e privados que reducen emisións de carbono e a contaminación, melloran a eficiencia enerxética e de recursos e evitan a perda de biodiversidade, pero, unha economía verde consíguese cun consumidor "verde" que cumpla esos principios na vida diaria, sobre todo no consumo de recursos naturais.
Para que poida existir os consumidores "verdes" é preciso impulsar políticas que cumplan estos requisitos, porque o marco lexislativo é preciso para que se impulsen determinados comportamentos de sostenibilidade tanto a nivel empresarial como a nivel doméstico.
Por iso debemos insistir continuamente en que non diminuan nin un ápice as políticas postas en marcha ata o de agora e que esta crise que estamos a vivir non se converta nunha excusa para mirar para o outro lado e olvidar que so cunha economía sostible poderemos avanzar no camiño correcto.