viernes, 17 de abril de 2009

Bolsas de pataca


Si, si tal e como soa.


A verdade é que lamento non coñecer este tema antes, é realmente sorprendente.


Existen unhas bolsas feitas con fécula de pataca que son 100% biodegradables e 100% compostables.


O invento é o bioplástico que non xenera resíduo tóxico e se descompoñen baxo os efectos dos microorganismos do solo e polo tanto elimínanse naturalmente podendo formar parte do compost, é dicir o reciclar metémolas no orgánico.

O único problema é que en España só hay unha empresa que as fabrica, Sphere.

En Galicia a distribuidora é CASA ALONGOS (recomendo a visita á súa páxina web).

Polo de agora non se levan animado moitas superficies comerciais. Como sempre, terá que chegar unha prohibición do uso das das de plástico para que se pense no medio ambiente.


No hay comentarios: