miércoles, 25 de febrero de 2009

Sempre que acontece igual, sucede o mesmo



O biocombustible non é outra cousa que a combinación dun aceite cun alcohol(metanol, normalmente), proceso que se denomina transesterificación.

O problema que plantexan os biocombustibles ata o de agora son moi variados pero os máis importantes son o feito de ter que talar árbores para poder plantar esos cultivos (millo,soia,colza) que producen ese aceite e como consecuencia de isto o encarecemento dos alimentos.

Pero o problema parece que comeza a ter unha solución que son os chamados biocarburantes de 2ª xeración nos que a materia prima non é precisa para a alimentación, tal é o caso da producción de biodiesel a partires do aceite das microalgas.

Os efectos no medio ambiente do seu cultivo son incluso beneficiosos para o medio ambiente xa que capturan moito CO2 na súa fotosíntese e o mellor pódense cultivar no mar ou en terra cun redimento altísimo.

Realmente os primeiros estudos deste proceso xa comenzaron en EEUU na primeira crise do petróleo (anos 70) e quedaron parados cando o petróleo recuperou o seu prezo.

É dicir, como sucedeu e sucede con outro temas (caso do coche eléctrico que xa se investigara fai 20 anos e agora parece que é algo novedoso) parece os seres humanos só innovamos nun sentido cando noutro non podemos continuar.

Por todo isto: sempre que acontece igual, sucede o mesmo.

martes, 3 de febrero de 2009

Con Juan Verde


O pasado día 29 de febreiro Juan Verde o Director do Climate Project Spain de Al Gore impartiu unha conferencia invitado pola Cámara de Comercio de Ourense. A conferencia foi todo un éxito tanto de asistencia de público como pola calidade da mesma.

Juan Verde foi membro do comité de campaña de Obama e como era de esperar a maior parte das preguntas formuladas polo público asistente foron encamiñadas a pregunta de cal ía ser o camiño a partir de agora para EEUU en moitas cuestións e non somentes medioambientáis ,se non, por exemplo, as relacións entre España e EEUU no que Juan afirmou que ían mellorar considerablemente.
Falou da gran oportunidade que hai nos EEUU para as industrias españolas en enerxías renovables porque España ten un coñecemento enorme en dito sector e é un dos maiores inversores estranxeiros en enerxías renovables en EEUU. Abengoa Solar está construindo a maior planta solar do mundo en Arizona e a segunda do mundo a constrúe Gamesa, tamén nos EEUU.
Iberdrola actualmente á a maior empresa do mundo en enerxías renovables.
O Plan de Obama é que EEUU pase en 20 anos de ter un 6% de enerxía procedente de fontes renovables a ter un 50%. Lóxicamente esto polo de agora non supón olvidarse da enerxía nuclear.
Foi unha conferencia na que Juan transmitiu positivismo ante tanto dato negativo que diariamente nos acompaña.