sábado, 3 de enero de 2009

A IMPORTANCIA DE RECICLAR PAPEL.

Agora que estamos nesta época de Nadal na que algún que outro regaliño nos fan non quería pasar a oportunidade de insistir na importancia da reciclaxe do papel.
As ventaxas da reciclaxe deste tipo de resíduo son moi diversas medoambientalmente falando.
Así, por cada tonelada de papel e cartón que se reciclan aforramos 2 metros cúbicos de vertedoiro, 140 litros de petróleo e 50.000 litros de auga ademáis da emisión de 900 Kg de CO2 a atmosfera.
É moi importante que para lograr unha axeitada reciclaxe do papel usado o consumidor debe coñecer o procedemento a seguir.
Os resíduos que se poden depositar no contenedor azul son os restos de periódicos, revistas, caixas ou embalaxes de cartón e bolsas de papel. Non se pode depositar papel de cociña, servilletas manchadas, os briks, papel de aluminio ou sanitario, así como as etiquetas adesivas.
Se non separamos do xeito adecuado dificúltase o proceso de recilaxe.
Así que anímovos a que poñades en marcha unha reciclaxe activa de papel e cartón, só hai que adicarlle uns minutiños no noso longo día.

No hay comentarios: