viernes, 20 de abril de 2012

Ser sabio co lixo

Na Unión Europea uns paises aproveitan o 70% dos seus residuos mentres que outros tiran ata o 75% en vertedoiro. Esto amosa unha diferencia significativa no tratamento dos residuos nos distintos paises.


Converter un residuo que é un problema nun recurso pasa por darlle maior atractivo económico a prevención, reutilización e reciclaxe.

En España ainda nos queda moito para poder chegar a por en valor o 70% dos nosos residuos e para iso débense desenvolver políticas como poñer un imposto á descarca ou a incineración dos residuos ou mesmo a prohibición desta última.

Os residuos son un negocio rentable: As industrias de xestión e reciclado de residuos xeneraron no ano 2008 un volume de negocios de 140.000 millons de euros na UE o que representa 2 millóns de empregos. O cumprimento da política de residuos podería xerar ata 400.000 postos de traballo máis.

É preciso reclamar unha maior atención no cumprimento das políticas europeas na xestión de residuos no noso pais, porque esto forma parte do tantas veces nomeado cambio no modelo productivo que é o que nos pode levar pouco a pouco a saida dunha crise económica si, pero non esquezamos que tamén vai paralela a unha crise medioambiental e que temos que tentar sair das dúas o mesmo tempo.