jueves, 30 de octubre de 2008

Tempo de magostos


Vai comenzar o tempo de magostos, é dicir tempo de comer as castañas, fruto desa árbore tan beneficiosa que é o castiñeiro.
Por mor do meu traballo estou sumerxida no mundo da castaña e a verdade, non é moi alentador o que está acontecendo.
Comenzando cun pouco de historia foron os romanos os que introduxeron o castaño ó longo do seu imperio para así garantizar o alimento as súas tropas. Posiblemente o nome en latin de Castanea sativa veña do grego Kastana que era o nome dunha cidade de Asia Menor na que nos seus arredores abundaba esta árbore e sativa que en latin significa "o que se cultiva ou se planta".
Cando apareceu a pataca foi sustituíndo á castaña que ata entón era a base da alimentación.
A realidade actual e que a producción de castaña nos últimos anos está mermando nun 40%.
Hai varios motivos causantes deste fenómeno.
Os recolectores din que por mor do aumento de temperaturas a causa do cambio climático a castaña non está en boas condicións cando cae e pérdese.
Tamén e certo que as enfermidades do castaño como a tinta e o chancro están a danar o castaño e así a súa produción frutal.
Non podemos esquecer os beneficios que dan as castañas. Distribuidoras galegas exportan castaña conxelada a toda España e a lugares de Europa e que productos como o marron glasé fabricado en Ourense chega a Rusia.
O castiñeiro é unha grande fonte de biodiversidade en Galicia e debemos apoiar a súa plantación. Ademais é un dos árbores que máis CO2 captura na súa estructura.
Deséxovos un bo tempo de magosto.






No hay comentarios: