martes, 21 de octubre de 2008

Que alguén faga algo por favor


O domingo día 19 de Octubre organizouse unha marcha BTT en Allariz que foi todo un éxito pola gran cantidade de participantes, 200.

A xente que oragniza este tipo de marchas faino desinteresadamente e ainda que asemella que non leva traballo hai que dedicarlle moitas horas para que todo saia ben.

Unha das cousas que mais traballo leva é marcar o recorrido cousa que a organización fixo o día anterior. Deuse a grandísima casualidade de que ese mesmo día, o domingo, comezaba a tempada de caza e como parece que o monte non é de todos, os cazadores adicáronse a borrar as indicacións da carreira pola mañán cedo para que non lle dera tempo á organización de volver a marcar o recorrido. A organización soupo sair do apuro e solucionaron o problema.

Eu pregúntome: ¿con que fin borran as marcas? ¿que pensaban , que así non se ía celebrar? ou esto ¿forma parte dun aviso que o monte é solo dos cazadores e que para outra non se organice outra cousa semellante?

Eu respeto todo tipo de prácticas deportivas (ainda que algunhas sexan máis ecolóxicas que outras), gústenme ou non practicalas, pero creo que hay certas prácticas deportivas que non respetan as demáis.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Pues tienes toda la razón del mundo, incluyendo las "razones" de los cazadores. Normalmente, la gente se mueve por intereses más concretos y rentables, pero hay gente a la que le puede más el prurito canino de marcar como suyo un territorio que no lo es.

Aprovecho para incluir un link a una noticia de interés: http://www.ojocientifico.com/2008/10/21/abaratan-la-produccion-de-hidrogeno-30-veces/