Estou moy contenta da miña visita a Sanxenxo a verdade e que a organización da conferencia foi xenial e dende aqui quero felicitar a todos os que fixeron posible que eu me sentira tan agusto.
Despois da conferencia formouse un estupendo debate xa que a ela asistiuron persoas con ideas de todo tipo con respecto ao cambio climático. Había presente na sala varias persoas negacionistas e a verdade, teño que dicir que en ningunha das miñas conferencias houbera tan amplo debate. Desfrutei moito co mesmo.
Houbo unha pregunta que me chamou a atención. A pregunta dicía que nunca en Sanxenxo recordaban unhas temperaturas tan baixas como as do Nadal pasado e que si eso era debido ao cambio climático.
Ás veces abusamos do pobre cambio climático e achacámoslle todo.O certo é que para poder falar de cambio climático nalgún lugar hay observar series de datos do clima de polo menos 20 anos. Unha cousa é e Meteoroloxía, é dicir predecir o tempo que fará nos próximos días e outra moi distinta a Climatoloxía, é dicir estudiar o clima dunha zona durante un período longo de tempo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario