Eu teño que dicir que me opoño ós trasvases. Poque creo que non solucionan un problema, se non que se fai máis grande.
Toda a polémica xerada estos días por o mal chamado trasvase do Ebro a Barcelona cidade, faime reflexionar.
O problema que ten Barcelona co suministro é alarmante, pero xa o era no mes de febreiro cando estiven no II Congreso de Cambio Climático e Viño. A Generalitat confiscou a auga dun estanque, que había no hotel Hesperia Tower, para poder regar os xardíns.
Murcia pide agora trasvase (o seu de verdade xa que se trata dun cambio da auga de conca hidrográfica) e Valencia tamén, pensemos: ¿ para qué queren eles trasvase? Pois para poder ter todo o que nos como habitantes do norte non temos e poder ter un turismo máis competente a base de regar campos de golf!
Eu a partir de agora tamén vou dedicarme a reivindicar
sol para todos porque para que medren os meu frutais preciso do sol e para poñerme xa morena tamén!
Sigo reflexionando e penso que se é certo que o sur de España se está desertizando non imos solucionar o problema con trasvases, quizais sexa o momento de preguntarse se podemos seguir con este modelo de producción agrícola no sur e igual en vez de hortas de frutais non será mellor que teñamos hortas solares?