domingo, 24 de febrero de 2008

Visita ó Cebreiro

O día 20 de febreiro pronunciei unha conferencia no Colexio Uxío Novoneira, podemos chamalo biconferencia xa que din unha para os alumnos da ESO e outra para os alumnos de primaria.
O lugar é fermoso e recomendo a visita a quen non coñeza o Cebreiro.
A profesora que me invitou, Noemí Pedraza, e os seus alumnos, foron un do meu mellor público, xa que eles viven moi en contacto coa natureza e saben mellor que ninguén os efectos do cambio climático no seu entorno.
Estou moi agradecida por todo o que me aportou a miña visita ó Cebreiro.

No hay comentarios: